50 anos extraordinarios nun curso UN POUCO DIFERENTE
A Nosa Quenda Revista do IES Lama das Quendas Número 12 Xuño de 2020
CONTIDOS
ÍNDICE
1. Se marchassem as nuvens veriamos a Lua, por Juan Manuel Vázquez........................................páx. 3 2. Encontros 50 aniversario.........................................................................................................páxs. 4-13 3. Encontros 80 aniversario, por Ángela Diéguez e Nerea Fernández (3ESO)......................páxs. 14-17 4. A Covid-19 e a educación, por Xurxo Varela.........................................................................páxs.18-22 5. A renovación do muro exterior..............................................................................................páxs.23-25 6. Le Questionnaire de Marcel Proust, par María Gago.........................................................páxs. 26-29 7. O cuestionario Proust de Manuel Veiga..............................................................................páxs. 30-33 8. Activitités de Français............................................................................................................páxs. 34-40 9. Un peu plus de nous, par María Gago....................................................................................páxs. 41-44 10. O Camiño de Inverno, por Mauro Calvo (2ESO).................................................................páxs. 45-51 11. Eloísa Rivadulla e a orixe do nome do parque, por Mauro Calvo (2ESO).......................páxs. 52-53 12. Xustificamos a nosa opinión: as alumnas e os alumnos de 2ESO de Lingua Galega interpretan aos grandes do humor gráfico do país, por Xabier Pérez, Paula Martínez e Laura Rey.....páxs. 54-59 13. Reescribindo os contos clásicos, por Anxo Varela, Sara Iglesias e Brais Varela (1ESO)...........................................................................................................................................páxs. 60-62 14. Descubrindo a Carvalho Calero, por Tania Vázquez.........................................................páxs. 63-64 15. Visita á empresa Jim Sports Technology (Palas de Rei), por María Isabel Rodríguez........páxs. 65 16. Visita a Italia organizada polo Departamento de Latín, Grego e Cultura Clásica, por Carmela Iglesias (2BAC).............................................................................................................................páxs. 66-67 17. A odisea da corentena, por Claudia Salgado (2ESO).........................................................páxs. 68-69
DE
Se marchassem as nuvens veriamos a Lua
De Juan manuel vázquez vázquez
Se marchassem as nuvens veriamos a Lua Se marchassem as nuvens veriamos a Lua e a choiva que nos aterece polo caminho seria um recordo dum tempo recente no que a linguagem era só uma olhada, um sorriso ou um balbucio Se marchassem as nuvens veriamos a Lua e os nossos pensamentos voariam cara o infinito ceo estrelado e o teu cantarujar agromaria pequenas flores neste Outono Se marchassem as nuvens veriamos a Lua e centos de luzecús dançantes ficariam imóveis no ar namentres o voo da curuja guiaria o nosso assombro cara o Além Escrito por Juan Manuel Vázquez entre Trelherma e Chantada os dias 4 e 5 de novembro de 2019 sobre uns versos de Luz de caminho a casa...
ENCONTROS 50 ANIVERSARIO
En novembro de 1970 iniciáronse as actividades académicas no Instituto de Chantada, e polo tanto, cando remate o actual curso , o centro levará 50 anos funcionando. Ao longo destes 50 anos, o IES Lama das Quendas contribuíu a crear pontes entre o rural e o urbano, que permitiron que o noso alumnado alcanzase importantes metas tanto para o desenvolvemento persoal como social, cultural e económico da zona. Foron en torno a 4000 alumnos e alumnas os que pasaron polo centro. Por este motivo, ao longo do curso foron realizados os denominados “ENCONTROS 50 ANIVERSARIO”, nos que invitamos a ex-alumnas e ex-alumnos que despois de abandonar o centro esforzáronse para alcanzar certas metas e obxectivos nas súas vidas persoais e profesionais, e a súas traxectorias leváronos a ser persoas de certa relevancia pública. Non se tratou de que viñese o alumnado cos mellores expedientes, senón persoas que un día estiveron sentadas nas aulas do centro, e agora poden servir para transmitir unha serie de valores e experiencias que nos servisen de ensinanzas para a nosas vidas.
Deste xeito, celebráronse varios encontros entre antigos alumnos e alumnas do centro que destacan nas súas respectivas áreas profesionais e a rapazada que actualmente se forma no IES. Así, o 16 de decembro acudiron ao Auditorio Municipal Roberto Fernández, que no seu momento ocupou a portería de equipos como o Celta de Vigo, o Sporting de Xixón ou o CD Lugo, e que nestes intres exerce de adestrador de porteiros neste último club, e Mel Otero, xornalista deportivo especializado en baloncesto cunha longa traxectoria profesional en medios como a Cadena Ser, Localia ou a Sexta. Un mes despois, a quenda foi para os emprendedores: Ana Vázquez, impulsora e queixeira de Airas Moniz, empresa anovadora no eido da industria láctea que aposta pola calidade e o valor engadido nos seus produtos como vía para rendabilizar e manter o medio rural; e Juan Luis Méndez, con moitos anos de experiencia no sector vitivinícola, tan importante para a nosa comarca. Ambos amosáronlle ás nosas alumnas e alumnos como é posible crear e innovar desde o rural galego e, sobre todo, que este ten futuro e que existen opcións vitais e profesionais máis alá do éxodo cara contornas urbanas. En febreiro os antigos alumnos que nos visitaron foron Héctor Souto e David Diéguez, membros do corpo técnico de O Parrulo FS, equipo da Primeira División Nacional de Fútbol Sala. Souto, Licenciado en Ciencias da Educación Física e do Deporte, ten unha dilatada carreira profesional que o levou, despois de adestrar á SD Chantada B en 2009, a exercer de preparador físico e axudante técnico no Azkar Lugo FS, no Oxipharma Granada FS e até na selección de Vietnam, a súa experiencia profesional máis
chamativa e pola que máis se interesaron os nosos alumnos e alumnas. Héctor Souto participou con esa selección no mundial do seu deporte celebrado en Colombia no ano 2016. Posteriormente adestrou a outros equipos en Vietnam, para regresar a Galicia á fronte do Parrulo FS en 2019. No Auditorio Municipal tamén destacou moito a presencia de David Diéguez, Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, e responsable da preparación física, a readaptación de lesionados e axudante técnico do plantel departamental.
A visita de héctor souto e david diéguez tivo eco na páxima web do conxunto ferrolán, como podemos comprobar seguindo este enlace
...efectivamente, na Ribeira Sacra hai moito máis que románico, como estamos vendo hai gastronomía, cultura do viño, deporte... porén, por suposto, tamén hai moita Arte, como nos explicou unha das seguintes convidadas aos encontros do 50 aniversario...
8
7
A finais do mes de febreiro visitounos Beatriz Pérez Pereira, licenciada en Xeografía e Historia e guía turística habilitada, que no ano 2011 funda a empresa "Máis que románico", na procura de pór en valor o patrimonio da zona e demostrando co seu exemplo práctico que desde o eido das letras tamén é posible a cultura do emprendemento e do esforzo. Desde entón vén promovendo o acceso aos recursos patrimonios da contorna, creando e consolidando as rutas do románico na Ribeira Sacra. Recentemente iniciou a súa andaina como experta en sistemas de consultaría para a implantación de sistemas de calidade Sicted. No mesmo encontro, destacou a presencia do empresario da hostalaría Roberto Iglesias, autor e creador de lugares míticos da nosa vila como o pub Kinkaya, a cafetería Mar, a Viñoteca, Trintaetantos, o bar Cataviños ou Capitol Café. Con todo, se nalgún eido destacou Iglesias en todos estes anos, foi na dinamización de múltiples iniciativas de tipo cultural e deportivo, sempre en relación co activo movemento asociacionista local, sendo fundador da Asociación "Amigos do Folión", primeiro xogador e logo presidente do Club Baloncesto Chantada, fundador do Club Ciclista Roza Toxos, ademais de concelleiro na corporación chantadina entre 2007 e 2009. Na actualidade rexenta Os Pendellos.
conFINAD@S
El plan es no tener plan Fernando Castiñeiras, autor dun interesante blog no que narra as súas experiencias, e ao que podedes acceder a través deste vínculo.
Entre o 14 de marzo e o 25 de maio o centro tivo que permanecer pechado, como consecuencia das medidas de confinamento decretadas a causa da epidemia da Covid-19 que afectou a toda Europa. Aínda que mantivemos a nosa actividade a través dos recursos que proporciona a rede, evidentemente isto nunca pode substituír a interacción social que se crea en presencial. Neste contexto, os encontros do noso 50 aniversario tamén se viron afectados, impedindo a presencia no Auditorio dos nosos antigos alumnos Xaquín López, xornalista con máis de 20 anos de traballo vencellado a RTVE, colaborador habitual de El País e Mundo Negro e escritor apaixonado polo continente africano; Fernando Castiñeiras, tamén xornalista colaborador de medios como RTVE, Diario de Ferrol, RTVE ou Corriere di Siena, profesor de lingua española en Turín, Múnic, Manchester ou Lisboa e que vén de publicar o seu primeiro libro, El plan es no tener plan, no que recolle as súas experiencias de viaxe en América Latina; Alberto Fernández Albilares, enxeñeiro en deseño industrial, apaixonado dos karts, deseñador de Ferrari entre 2010 e 2015 e desde entón até a actualidade parte do equipo do piloto Fernando Alonso;
"
e o seu irmán Iago Fernández Albilares, enxeñeiro mecánico, máster pola Universidade de Oxford e desde 2016 parte do equipo Mercedes Fórmula 1, co que colaborou en catro dos seus últimos seis campionatos.
DETALLE DA REPRESENTACIÓN DA CIENCIA E A TÉCNICA NO MURAL DO INSTITUTO QUE CONMEMORA O 50 ANIVERSARIO, CON ALBERTO FERNÁNDEZ Á DEREITA
ENCONTROS 80 ANIVERSARIO: Actividade deseñada pola profesora Tania Vázquez, do Departamento de Lingua Galega e coordinadora do proxecto Donas de si, na que Ángela Diéguez e Nerea Fernández, de Terceiro da ESO, redactan as súas futuras charlas nos encontros do 80 aniversario do IES, na procura das súas futuras vocacións profesionais.
Ola, boas tardes a todos os presentes, en especial a meus pais e meu irmán, grazas a Nerea, a directora do IES Lama das Quendas, quen me invitou a dar esta conferencia da cal me sinto moi orgullosa, para que os actuais alumnos do IES poidan ter preferencias para o seu futuro. Puntualizar, antes de empezar, que me agradou moito a presentación que me anticipou a miña interlocutora, hai algúns cursos e másteres que como non os teño tan recentes xa non me acordaban, é dicir, que o meu idioma inglés non está a tanto nivel como eu quixera. Hai máis de trinta anos que rematei os meus estudos no instituto, pero teño moi bos recordos daquela época da miña vida, dela quedáronme moi bos amigos que aínda conservo e cos cales teño unha relación moi estreita, como as aquí presentes Nerea e Aldara, que como vos contarei a continuación influíron moito na miña decisión á hora de dedicarme ó que me dedico, e para as cales pido un forte aplauso. Cando empecei no instituto quería ser moitas cousas, miña nai sempre dicía: -”Esta rapaza parece un galo portugués na cima dunha cheminea, xira segundo onde veña o aire”.
POR ÁNGELA DIÉGUEZ FERNÁNDEZ (3ESO) Foto do Aliyev Center (Bakú), obra de Zaha Hadid, pioneira da arquitectura feminina e primeira muller en recibir o premio Pritzker (2014). Abaixo a Casa da Cultura de Chantada, casona dos Lemos rehabilitada en 1987 por Manuel Gallego Jorreto, premio nacional de arquitectura.
Isto contrastaba moito co que facía meu irmán, que tiña claro cal sería a súa ocupación. E xa está, non lle deu máis voltas iso é o que fai, en cambio eu, un día quería adicarme á música, outro ser profesora, outro veterinaria, viaxar... e así estiven ata unha viaxe que fixen (e aquí entra Aldara) á cidade de Barcelona un ano, alá polo 2019, nunhas vacacións de Nadal. Como digo fomos Aldara e mais eu a Barcelona, ás dúas nos gustaba moito a cidade, eu quedei prendada da súa arquitectura, Gaudí sobre todo (Sagrada Familia, Casa Milá, Casa Batlló), as rúas en cuadrículas, os edificios que fixeran para as Olimpiadas do 1992, etc., pero o que me chamou máis a atención foi que vin unha cidade con demasiado cemento nas súas fachadas, e daquela os coches funcionaban con gasóleo ou gasolina, os eléctricos empezaban a verse, pero pouco, e a cidade víase gris e sucia. Decidín entón estudar Arquitectura, pero quería facer outra clase de vivendas, de aí xurdiu a idea de crear a empresa SIS-ECO-LAR, S.A, un tipo de construción que fora ecolóxica, sostible, barata, e con materias reciclables que foran coa contorna. E así fago edificios e casas por todo o mundo, procuro vivir un ano polo menos onde vou edificar para relacionarme cos seus habitantes, o seu medio, a súa natureza e así poder ter maior concepto do entorno porque soamente usamos materiais e plantas autóctonas, para non danar o ecosistema e ameazar con plantas invasoras, xa que as nosas construcións teñen xardíns verticais e grandes espazos centrais con plantas e árbores, incluso planificamos pequenas hortas para que os seus habitantes se autoabastezan de produtos que eles cultivan. Neste tema participa sempre nos proxectos a miña socia, a bióloga Mariana, sen ela a empresa non sería a mesma. A auga que se utiliza nas vivendas é toda reciclada, e para a calefacción aprovéitase ó máximo o sol, tanto para calefacción como para auga quente ou para a subministración de corrente eléctrica. Unha porcentaxe das vivendas dos edificios son para persoas discapacitadas e maiores, son a prezos sempre moi accesibles ou están en alugueiro , isto é un requirimento que sempre exixo ó goberno alí onde vou construír. As persoas que van vivir nestas casa teñen que firmar un compromiso de conservación e atención ás normas de habitabilidade. Ben, non vos quero aburrir con máis detalles, se queredes facer algunha pregunta estou á vosa disposición, ao final da charla entregaranvos uns folletos con fotos e detalles das máis importantes construcións que se fixeron, e explícanvos os sistemas que utilizamos, aí tedes o meu mail para calquera outra aclaración que queirades ter ou para consultar os requisitos de matrícula no colexio que temos na fundación, se alguén quere unirse ao noso proxecto. Moitas grazas.
Estudei infantil e primaria no CEIP Xoán de Requeixo e, todos os anos da ESO e os dous de Bacharelato, no IES Lama das Quendas. Cando comecei a etapa do instituto, non sabía que carreira quería estudar, só sabía que quería facer algo relacionado coas Ciencias, xa que era o que a min me gustaba. No segundo curso, comecei a pensar no que quería, desexaba, estudar Medicina ou algo relacionado con ela como Óptica, Odontoloxía… imaxinaba que non me ía dar a nota que pedían, polo que
Bos días a tod@s. Aínda recordo cando eu estaba aí sentada, xa hai moitos anos, e viña ás conferencias que había, que recordos! Hoxe tócame a min falar un pouco sobre min e a miña vida. Se nalgún momento queredes preguntar algo, levantades a man e paro un segundiño de explicar e contéstovos á pregunta. Aos que tedes vergoña e, por iso, non ides preguntar nada, non pasa nada, interesádevos por todo o que queirades. Ben, empezamos.
POR NEREA FERNÁNDEZ EXPÓSITO (3ESO) A médica que nunca pensou que chegaría tan lonxe
pensara noutra carreira como segunda opción, Educación Social. Cando comecei o Bacharelato deime conta do difícil que era estudar, se non che gustaba ou non estabas segura de se querías ou non facelo. A min, aínda que pareza raro, gustábame estudar porque, se o facía, tería un bo futuro e, se facía o que quería e me gustaba, moito mellor. O último ano que estiven no instituto, segundo de Bacharelato, foi un ano moi agobiante, no que tes moitos exames e moitas veces acodes aos teus profesores para que che dean consellos sobre a ABAU, che digan en que podes mellorar ou o que tes que reforzar. Eu falaba con eles frecuentemente. Ben, cando me deron a nota da proba, souben que me daba para poder estudar Medicina, que era o que sempre quixen e, sen pensalo dúas veces, decidín estudar o que me gustaba no lugar que quería, en Santiago de Compostela. Cando rematei a carreira tiven que mudarme, xunto cuns compañeiros, a Barcelona para ir a un dos mellores hospitais españois, o “CLÍNIC I PROVINCIAL DE BARCELONA”. Agora, como ben sabedes todos, son unha das mellores médicas, tanto polo meu esforzo como polo apoio de todas as persoas que confiaron en min. Con isto quero dicirvos que confiedes en vós, que, con esforzo, podedes conseguir todo o que vos propoñades. Gozade moito desta etapa, que, sen dúbida é a mellor de todas, xunto cos anos da universidade. Vouvos dar un consello: non vos centredes só en estudar, pasade tempo cos vosos amigos, saíde de festa porque nunca saberedes cando será a última vez que pasedes tempo xuntos. Pero, con isto, non vos estou dicindo que non estudedes. Se organizades o tempo, podedes facelo todo, como fixen eu. Sobre todo na Universidade, que é cando máis ganas tedes de festa e non queredes estudar, organizade o tempo. Eu tiña o meu horario no que tiña un tempo de estudo, outro de descanso, unha hora de ximnasio, etc. E saía de festa os xoves cos amigos de Santiago e, os sábados, cos meus amigos de aquí. Recordade sempre: se queredes, podedes. Ata aquí o meu discurso, se desexades preguntar algo, agora é o momento, sen vergoña.
NO IES LAMA DAS QUENDAS APOIAMOS A VOCACIÓN DE TODOS OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS, MAIS, LOXICAMENTE, É NORMAL QUE AS PERSOAS QUE NOS DEDICAMOS AO ENSINO ESTEAMOS MOI ORGULLOSOS DAQUELES QUE, COMO XURXO VARELA, DECIDEN FORMARSE PARA SER MESTRES, MÁIS AÍNDA CANDO REFLEXIONAN DE XEITO CRÍTICO SOBRE O NOSO TRABALLO. NO ENLACE PODEMOS ACCEDER AO SEU PRIMEIRO ARTIGO DE PRENSA, PUBLICADO EN GALICIA CONFIDENCIAL, QUE TAMÉN REPRODUCIMOS NESTAS PÁXINAS. PARABÉNS XURXO!
A COVID-19 E A EDUCACIÓN
A pandemia provocada polo SARS-CoV-2 (comunmente coñecido como coronavirus) non só levou consigo, por desgraza, milleiros de vidas, senón que carrexou consecuencias devastadoras que non só están vixentes na actualidade senón que tamén traerán consigo repercusións en tempo prospectivo que afectarán aos ámbitos económico, social, sanitario e, en consecuencia, ao eido educativo. Un dos grandes erros que ao longo da historia cometeu o sistema educativo (a trazos xerais) foi o de considerar a escola como un microsistema completamente alleo ao macrosistema social, á rúa, á realidade que acontece fóra do centro. É primordial ter en consideración o contexto da nosa escola e a situación non só social e familiar do alumnado, senón tamén, por mor do sistema capitalista imperante e ao clasismo que trae consigo, a súa situación económica. Á parte das diferenzas entre o alumnado fóra do centro escolar, as e os discentes tamén teñen diferenzas dentro da aula (diferentes ritmos de aprendizaxe, algunhas necesidades específicas de apoio educativo, diferenzas con respecto aos niveis de desenvolvemento psicocognitivo...).
POR XURXO VARELA OTERO
Algunhas profesoras e profesores (co visto bo da administración educativa en moitos casos) non atende a estas diferenzas, unificando e despersonalizando a educación. Deste xeito, adaptármonos á realidade do alumnado é unha das tarefas máis dificultosas e con máis pexas que debe realizar o equipo docente de calquera escola do planeta, fundamentada na idea de que o alumnado é diferente (máis aínda se cómpre se exercemos como docentes nun centro público). Porén, portas para dentro da aula, dende xa hai bastantes anos tentouse, polo xeral, ter en conta a realidade do alumnado, establecendo certos principios de equidade. En troques, portas para fóra da escola a realidade é moi distinta. Grande parte do profesorado (referíndome así a tódolos niveis educativos) non ten en conta a diversidade existente entre o alumnado máis alá da aula. Por exemplo, no que respecta á universidade, se hoxe en día preguntaramos cantos dos estudantes da USC (ou de calquera outra universidade do SUG) poderían seguir a súa formación sen empregar a conexión a Internet, seguramente ningunha persoa respondería afirmativamente. Como entramos ao Campus Virtual? Como procuramos recursos e fontes bibliográficas para a realización dos nosos traballos académicos? Con todo,
é xusto agora, nun momento no que se fai necesaria a docencia non presencial, cando as universidades ofrecen axudas económicas a aquelas persoas que as precisan ao non poder sufragar a súa conexión a Internet. Como faciamos antes en zonas rurais onde, a día de hoxe, e a pesar das axudas, a cobertura é escasa? Isto é un exemplo máis que reflicte a grande fenda dixital vixente hoxe en día. Tendo en conta o ámbito que me concirne, a Educación Primaria, e recollendo experiencias de persoas achegadas, nalgúns cursos de Primaria (como tamén en Infantil) algunhas profesoras e profesores preocupáronse en achegarse ao alumnado a través das familias, empregando ferramentas como o WhatsApp, a pesar de que siga habendo familias sen acceso a Internet ou con moi mala conexión. Outras e outros docentes xa nin sequera se preocuparon en buscar algún xeito de contactar co alumnado. En troques, esta obsesión por mandar tarefas e deberes ao alumnado (xa que non poden perder tres meses de escola dos 15 anos que probablemente botarán escolarizados), adquire grandes e preocupantes dimensións se falamos dos últimos cursos de Educación Primaria (5º e 6º, principalmente) e a Educación Secundaria Obrigatoria. Mostrouse nestas etapas que o Proxecto E-Dixgal, presentado hai anos pola Xunta como unha novidade que ía revolucionar e dixitalizar as escolas, tratouse en realidade dun elemento que, a pesar das súas boas intencións, non fixo máis que acentuar estas fendas entre o alumnado fóra da aula. Máis alá disto, no que respecta á metodoloxía empregada polos docentes para achegar a escola ao alumnado en tempos de pandemia, tamén debemos ter en conta que se deben establecer solucións didácticas para contrarrestar a pobreza e a inxustiza espacial nos distintos municipios nos que se atopan ditos centros. Vémolo mellor cun exemplo: é o mesmo falar dun colexio localizado no centro da Coruña que dun centro localizado nun barrio obreiro olívico como é o do Calvario? Máis alá de fronteiras galegas, é o mesmo traballar nunha escola do barrio de El Viso, no distrito de Chamartín, en Madrid, cunha renda anual media dos fogares superior a 100.000 €; que nun colexio localizado no
Esta obsesión por mandar tarefas e deberes ao alumnado (xa que non poden perder tres meses de escola dos 15 anos que probablemente botarán escolarizados), adquire grandes e preocupantes dimensións se falamos dos últimos cursos de Educación Primaria (5º e 6º, principalmente) e a Educación Secundaria Obrigatoria
barrio das Tres mil vivendas de Sevilla, un dos máis pobres do Estado español, con pouco máis de 10.000 € de renda anual media? Deste xeito, se a administración xa é cómplice destas diferenzas, unha grande parte do profesorado encargouse de pronunciar máis se cómpre as mesmas (aínda que en moitas ocasións non con malas intencións, senón para cumprir coas exixencias dos mandos superiores: avaliar, avaliar e avaliar). Observo, na miña contorna, que moitas e moitos docentes envían moreas de tarefas. De verdade é tan crucial e tan decisivo no futuro do alumnado tres-catro meses sen escola no medio dunha pandemia? Creo que, máis que asfixiar ao alumnado con tarefas nimias, é máis interesante que as e os mestres manteñan o contacto coas e cos seus discentes. Acaso non chegan as 6-7 horas diarias (como mínimo) que o alumnado bota nas escolas durante máis de oito meses para contrarrestar esta perda? É importante subliñar que isto tampouco implica, sempre dentro das posibilidades do alumnado, que o profesorado recomende ler un libro que teñan pola casa e contarlle a historia á mestra ou mestre, realizar un crebacabezas, saír facer deporte, coser unha máscara, ou mesmo ler o xornal (tampouco debemos ser cómplices do sedentarismo e da inactividade). O que, dende a miña perspectiva, non pode ser, é que rapazas e rapaces de 10 anos con toda unha vida por diante se vexan máis atarefados que nunca. Así, as fendas socioeconómicas e a sociedade clasista agroman xa dende os 3 anos (educación infantil) ata os 22 (universidade), e en moitos casos son ata percibidas polo alumnado. Todas as diferenzas mencionadas agrávanse se temos en conta que algúns profesores se preocupan moito e outros se esquecen completamente do asunto. Na miña opinión, isto debería estar correctamente lexislado, xa que non é lóxico que, verbi gratia, o alumnado de terceiro dun centro traballe seguindo “certa regularidade” e o alumnado doutro centro ou mesmo de outras unidades (grupos A-B) non fixera nada durante o período de confinamento. Isto non só supón acentuar ditas diferenzas, senón que tamén dificultará a tarefa docente en vindeiros cursos, xa que non saberán o nivel dende o que parte o alumnado. Así, a pandemia provocada polo coronavirus (Covid-19) non só afecta á economía, ao emprego, á sanidade e, en consecuencia, a tódalas familias españolas; senón que este virus novidoso que parecía que non nos ía afectar e ninguén estaba preparado para facerlle fronte, tamén tivo efectos apreciábeis no ámbito educativo. Neste momento cobra sentido esta pregunta indirecta: é lóxica a avaliación do terceiro trimestre? En definitiva, para concluír e a modo de resumo, no pico dunha pandemia non importa aprender o algoritmo da división ou a análise sintáctica dunha oración; senón que se fai necesaria a chamada do profesor, o contacto docente-discente, o apoio, o afecto, o agarimo, un “que tal vai todo? Botas de menos a escola?” e non un “colle o libro de matemáticas e fai os deberes da páxina 31 á 34”.
clasista agroman xa dende os 3 anos (educación infantil) ata os 22 (universidade), e en moitos casos son ata percibidas polo alumnado. Todas as diferenzas mencionadas agrávanse se temos en conta que algúns profesores se preocupan moito e outros se esquecen completamente do asunto. Na miña opinión, isto debería estar correctamente lexislado, xa que non é lóxico que, verbi gratia, o alumnado de terceiro dun centro traballe seguindo “certa regularidade” e o alumnado doutro centro ou mesmo doutras unidades (grupos A-B) non fixera nada durante o período de confinamento. Isto non só supón acentuar ditas diferenzas, senón que tamén dificultará a tarefa docente en vindeiros cursos, xa que non saberán o nivel dende o que parte o alumnado. Así, a pandemia provocada polo coronavirus (Covid-19) non só afecta á economía, ao emprego, á sanidade e, en consecuencia, a tódalas familias españolas; senón que este virus novidoso que parecía que non nos ía afectar e ninguén estaba preparado para facerlle fronte, tamén tivo efectos apreciábeis no ámbito educativo. Neste momento cobra sentido esta pregunta indirecta: é lóxica a avaliación do terceiro trimestre? En definitiva, para concluír e a modo de resumo, no pico dunha pandemia non importa aprender o algoritmo da división ou a análise sintáctica dunha oración; senón que se fai necesaria a chamada do profesor, o contacto docente-discente, o apoio, o afecto, o agarimo, un “que tal vai todo? Botas de menos a escola?” e non un “colle o libro de matemáticas e fai os deberes da páxina 31 á 34”.
No curso do 50 aniversario realizáronse obras de acondicionamento do entorno exterior do centro. As instalacións actuais son o resultado de varias ampliacións que se foron facendo desde os primeiros tempos e, en consecuencia, algunhas zonas presentaban un deterioro normal froito do paso do tempo. Fíxose un lavado a presión con auga, a aplicación de morteiro para conseguir unha superficie lisa, e posterior pintado do muro. A superficie do muro que foi arranxada estivo en torno aos 130 metros cadrados e o obxectivo final foi realizar un mural graffiti que representa entre outras temáticas a simboloxía das distintas áreas (Matemáticas, Tecnoloxía, Xeografía, Lingua Galega, Lingua Castelá...) impartidas no centro ou a temática da igualdade, todo isto dentro do marco da celebración do 50 aniversario. O graffiti é unha das expresións da arte urbana máis populares e características da actualidade , que se caracteriza por ser exposto de maneira pública para que todas as persoas o poidan ver todos os días. Este verán vanse desenvolver obras para unha reforma integral do interior do edificio, centrándose na súa rehabilitación enerxética.
RENOVACIÓN DO MURO EXTERIOR
LE QUESTIONNAIRE DE MARCEL PROUST
Marcel Proust découvre ce test à la fin du XIXe siècle, alors qu'il est encore adolescent. C’était un jeu anglais datant au moins des années 1860. À cette époque, ce genre de jeu était en vogue. Proust n'a pas repris exactement le questionnaire anglais original, Il en a fait à son grè. Ce jeu de questions est devenu très renommé de nos jours et se pose à de nombreuses personnes du monde de la chanson, politique, littérature, cinèma.
PAR MARÍA GAGO MARTÍNEZ
Version de Proust
Réponses de Proust vers 1890
Ma vertu préférée.
Le besoin d'être aimé et, pour préciser, le besoin d'être caressé et gâté bien plus que le besoin d'être admiré.
La qualité que je préfère chez un homme.
Des charmes féminins.
La qualité que je préfère chez une femme.
Des vertus d'homme et la franchise dans la camaraderie.
Le principal trait de mon caractère.
…
Ce que j'apprécie le plus chez mes amis.
D'être tendre pour moi, si leur personne est assez exquise pour donner un grand prix à leur tendresse.
Mon principal défaut.
Ne pas savoir, ne pas pouvoir «vouloir».
Mon occupation préférée.
Aimer.
Mon rêve de bonheur.
J'ai peur qu'il ne soit pas assez élevé, je n'ose pas le dire, j'ai peur de le détruire en le disant.
Quel serait mon plus grand malheur?
Ne pas avoir connu ma mère ni ma grand-mère.
Ce que je voudrais être.
Moi, comme les gens que j'admire me voudraient.
Le pays où je désirerais vivre.
Celui où certaines choses que je voudrais se réaliseraient comme par un enchantement et où les tendresses seraient toujours partagées.
La couleur que je préfère.
La beauté n'est pas dans les couleurs, mais dans leur harmonie.
La fleur que j'aime.
La sienne— et après, toutes.
L'oiseau que je préfère.
L'hirondelle.
Mes auteurs favoris en prose.
Aujourd'hui Anatole France et Pierre Loti.
Mes poètes préférés.
Baudelaire et Alfred de Vigny.
Mes héros dans la fiction.
Hamlet.
Mes héroïnes favorites dans la fiction.
Bérénice.
Mes compositeurs préférés.
Beethoven, Wagner, Schumann.
Mes peintres favoris.
Léonard de Vinci, Rembrandt.
Mes héros dans la vie réelle.
M. Darlu, M. Boutroux.
Mes héroïnes dans l'histoire.
Cléopâtre.
Mes noms favoris.
Je n'en ai qu'un à la fois.
Ce que je déteste par-dessus tout.
Ce qu'il y a de mal en moi.
Les personnages historiques que je méprise le plus.
Je ne suis pas assez instruit.
Le fait militaire que j'admire le plus.
Mon volontariat!
La réforme que j'estime le plus.
Le don de la nature que je voudrais avoir.
La volonté, et des séductions.
Comment j'aimerais mourir.
Meilleur— et aimé.
Mon état d'esprit actuel.
L'ennui d'avoir pensé à moi pour répondre à toutes ces questions.
Les fautes qui m'inspirent le plus d'indulgence.
Celles que je comprends.
Ma devise favorite.
J'aurais trop peur qu'elle ne me porte malheur.
Manuel Veiga Taboada, que tiña previsto visitar o noso centro a comezos da Terceira Avaliación, é un escritor e xornalista galego moi vinculado coa contorna. Fillo de mestres rurais, naceu en Monforte e a súa infancia transcorreu entre Diomondi (O Saviñao) e a súa cidade natal. É doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario A Nosa Terra, xornal que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o Premio Xerais coa novela O exiliado e a primavera. Outras obras súas son O profesor de Vegliota (2008); Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico (2012); O pacto galego na construción de España (2003); Manuel María, buscando un país (2016) ou Todo ser humano é un río (2016). No 2020 vén de publicar Galicia contada aos non galeguistas, unha obra divulgativa de carácter histórico que xoga cos tópicos para procurar respostas sobre a identidade galega.
CUESTIONARIO PROUST A MANUEL VEIGA TABOADA
Pregunta
Resposta
Cal é o principal rasgo do seu carácter?
Son lento, pero seguro.
Que cualidade aprecia máis nun home?
Intelixencia e sentido do humor.
E nunha muller?
O mesmo.
Que espera dos seus amigos?
Nada especial.
O seu principal defecto?
Enzuco ás veces.
A súa ocupación favorita?
Falar tomando un café.
O seu ideal de felicidade?
Non penso niso.
Cal sería a súa maior desgraza?
Quedar cego, por exemplo.
Que lle gostaría ser?
Gostaríame dominar algunha arte, como tocar un instrumento, cantar, pintar ou ser actor.
En que país desexaría vivir?
Nun no que non houbese moita xente que sufra.
A súa cor favorita?
Azul.
A flor que máis lle gusta?
Margarida.
O paxaro que prefire?
Un pequeno.
Os seus autores favoritos en prosa?
Moitos.
Os seus poetas?
Prefiro poemas concretos que autores.
Un heroe de ficción?
Ningún.
Unha heroína?
Ningunha.
O seu compositor favorito?
Non teño un preferido.
O seu pintor preferido?
Quizais Van Gogh ou Caravaggio, por non fuxir sempre dos nomes.
O seu heroe da vida real?
E que non creo que existan os heroes.
O seu nome favorito?
O dunha persoa á que queres. Por exemplo, Sabela, a miña filla.
Que hábito alleo non soporta?
O falar moito e non dicir nada e a borracheira.
Que é o que máis detesta?
Facer sufrir aos demais.
Unha figura histórica que lle poña mal corpo?
Todas as figuras históricas, igual que todas as persoas, teñen algo positivo. Prefiro fixarme niso. Ou cando menos, tratar de entendelas. Sempre hai un motivo.
Un feito de armas que admire?
Stalingrado.
Que don da natureza desexaría posuír?
Voar.
Como lle gustaría morrer?
Durmindo.
Cal é o estado máis típico do seu ánimo?
Optimismo moderado.
Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
Se consegues entendelos, es indulxente coa maioría.
Ten un lema?
Vive e deixa vivir.
LA SAINT VALENTIN
NÖEL
ACTIVITITÉS
FRANÇAIS (1ESO)
FRANÇAIS (2ESO)
MON ANIMAL PRÉFÉRÉ
FRANÇAIS (3ESO)
FRANÇAIS (4ESO)
NÖEL GOURMAND
LECTURES DE FRANÇAIS – 4º ESO
"Anne est allemande, elle étudie le français à l’université de Bordeaux òu elle fait beaucoup d’amis.Un jour qu’elle est toute seule, décide de ranger sa chambre. Quand elle passe l’aspirateur sous son lit…elle trouve quelque chose: un journal intime noir! Elle et ses amis se lancent à la recherche de son propriétaire. (…)" “Le secret de Louise” par Verónica Dukart Rodríguez "Dans la chambre de la jeune archiduchesse Antonia, il y a beaucoup de mouvement…comme dans le reste du chàteau du Hofburg à Vienne: Isabelle et Joseph vont se marier pourque l’Autriche et La France s’allient. Antonia s’est toujours distinguée par son indiscipline…" “Marie Antoinette et ses soeurs” par Belén Regal Lago "Selma est une adolescente qui a des parents divorcés. Un dimanche de l’une des semaines qu’elle passe avec sa mère, elle va manger chez ses grands parents, mais elle s’y ennuie car les questions de son grand-père sont toujours les mêmes: à propos de l’école! Lorsqu’elle arrive chez elle, elle se connecte sur facebook et voit qu’elle a une demande d’amitié." “Selma se connecte” par Helena García Ledo "Antonia commence à aller à plusieurs évènements sociaux, à des banquets où tout le monde peut voir la famille royale manger, chose qu’elle déteste, au théâtre où elle est ravie de la performance…" “Marie Antoinette et ses soeurs” par Lara Ramos Rodríguez "Alexandre et Camille parviennent à déchiffrer la formule du produit que M.Corbefin a créé. Ils pensent que ce doit être un produit de beauté extraordinaire mais malheureusement quand Alexandre va le commenter à la pólice, il est kidnappé par deux hommes…" “La recette secrète” par Iria Salgado Negral "Quatre amis naviguent dans l’océan Pacifique…et naufragent! Ils finissent dans une île, essaient de reconstruire le bateau, se cachent de quelques malfaiteurs qui sont arrivés sur l’île… jusqu’à cequ’ils son finalement rescapés!" “Deux ans de vacances” par Diego Vázquez Lemos "Elisabeht s’entendbien avec Antonia, elle apprécie sa vivacité et partage son goût pour les beaux ornements et les tissus fins. Antonia lui raconte “son histoire” avec un jeune soldat qui préférait Mimi , car mimi avait plus de charme qu’elle…" “Marie Antoinette et ses soeurs” par Paula Taboada Vázquez
LES ANIMAUX DE COMPAGNIE- 2BAC
Beaucoup de familles ont des animaux de compagnie et ils les resentent comme quelqu’un d’autre de la famille, ils sont comme des petits enfants: il faut les soigner, les promener, les nourrir, les amener chez le vétérinaire… L’inconvénient est la responsabilité que plusieurs personnes n’en ont pas! Se faire responsable d’un animal implique une grande responsabilité mais sans doute, ça vaut la peine parce qu’ils aident affectueusement dans les pires moments. Actuellement, de nombreuses personnes choisissent d’avoir des animaux de compagnie à la maison. Ces gens éprouvent un lien émotionnel très fort avec eux. Les enfants aiment généralement les animaux, ils s’amusent à les tenir en laisse quand ils les sortent se promener et les apprennent des astuces. Les personnes âgées, se sentant plus seules, créent un lien très fort avec eux, ils satisfont leur besoin d’aimer et d’être aimées. Par les élèves: Sofía de Rogatis, Carme Ramberde, Alejandro Lojo et Raúl Ledo
Je considère, du point de vue de la technologie que nous avons de très bon matériel: des ordinateurs, des TBI… Nous avons une bibliothèque très bien fournie. Les professeurs sont très attentifs avec nous, ils s’inquiètent pourque nous comprenions bien les choses et pourque nous nous sentions bien. Ils organisent aussi beaucoup d’activités et d’excursions pour améliorer notre apprentissage. La possibilité de nous inmatriculer dans le Cuale… je la trouve magnifique! La camaraderie est excellente aussi, ça nous aide à nous sentir bien, il y a peu de conflits! Ça serait bien qu’il y ait quelques rerformes dans les salles de bains, les resaux de badminton, quelques tables… Dans les différentes filières, comme nous sommes peu d’élèves, parfois nous sommes obligés à choisir “d’autres matières”. La récréation se passe vite…elle devrait durer 45 minutes au moins! Par les élèves: Sofía de Rogatis, Carme Ramberde, Alejandro Lojo et Raúl Ledo
DANS NOTRE LYCÉE- 2BAC
UN PEU PLUS DE NOUS...
1.- Quel est le dernier concert auquel tu as assisté? -Moi –C’était un concert en hommage à Queen. -Toi – 2.- Qu’est-ce que tu vois dès la fenêtre de ta cuisine? -Moi -Je vois le bâtiment d’en face, un beau bâtiment très ensoleillé avec des terrasses pleines de plantes. -Toi – 3.- Quel est ton vêtement préféré? -Moi -C’est une robe d’été, très confortable quand il fait chaud. Elle est rouge et blanche. -Toi – 4.- Aurais-tu tes cheveux de couleur mauve? -Moi –Non, j’aime les couleurs plus discrètes et…j’adore le noir!! -Toi – 5.- Quelle est ta chanson préférée ? -Moi –Difficile d’enchoisir une seulement! Et ça dépend du moment, si je conduis, je préfère des chansons dynamiques type Ego de Willy William. -Toi – 6.- On écoute la sonnerie de ta maison, comment tu réagis ? -Moi -“ Qui sonne ? / Voilà, je vous attendais!!” -Toi – 7.- Quelle serait la conversation que tu aimerais tenir avec ce peintre… -Moi –Dites-moi, quelle est la suite de l’histoire que vous racontez dans votre toile? -Toi –
8.- Tu écoutes deux amis qui parlent mal de toi….qu’est-ce que tu fais? -Moi –Je me fâcherais beaucoup… pourquoi ne me parlent-ils pas franchement si j’ai fait quelque chose qui ne leur a pas plu? -Toi – 9.- As-tu deschatouillements? Où? -Moi –Oui, beaucoup!! Aux pieds surtout!! -Toi – 10.- Quelle mine tu fais si tu manges un gâteau au chocolat? -Moi –Hmm… j’adore le chocolat, je le mange avec plaisir! Ça me regale!! -Toi – 11.- Est-ce que tu pries ? Quand? Pourquoi? -Moi –Oui, tous les soirs avant de dormir. C’est une coûtume que jai appris avec mes cousines quand nous étions des enfants et allions nous coucher. -Toi – 12.- Qu’est-ce que tu éprouves quand tu vois un nouveau-né? -Moi –Beaucoup de tendresse et le désir de le protéger!! -Toi – 13.- Quelle odeur te plaît ? -Moi –L’odeur de chez mes parents… ça sent le foyer, ça me fait me souvenir de très bons moments ensemble! -Toi – 14.- Aimes-tu caresser les animaux ? Lesquels? -Moi –Oui, les chats, les chiens et les cheavaux, c’est magnifique de les voir se rassurer! -Toi – 15.- Aimes-tu marcher sur le sable mouillé, sur la pelouse les pieds nus? -Moi –J’adore marcher sur le sable mouillé, sur la pelouse je le faisais quand j’étais petite, maintenant je n’ose pas! -Toi –
16.- On t’a surpris dans une situation délicate? Raconte-la ! -Moi– oui, je m’en souviens d’une spécialement. On nous avait interdit d’assister à une manifestation, cependant mes compagnons de classe et moi avons decidé d’y aller… bien sûr, on nous a vus… et grondés à la maison et au lycée!! -Toi – 17.-Qu’est-ce tu aimes voir? -Moi - Un coucher de soleil, les couleurs de l’arc-en-ciel, les éclairs lors d’un orage, un ciel étoilé, la pleine lune,des paysages naturels, un enfant qui dort, un sourire sur un visage… -Toi – 18.- Qu’est-ce tu aimes entendre? -Moi - Les oiseaux chanter,l e crépitement d’un feu de bois,l a pluie qui ruisselle, le ronronnement d’un chat, le rire d’un enfant… -Toi – 19.- Qu’est-ce tu aimes sentir? -Moi - Le parfum des fleurs,l’odeur de l’essence, de l’herbe coupé, de la peinture, d’un gâteau, d’un bon repas, de l’essence, des vagues de la mer… -Toi – 20.- Qu’est-ce tu aimes toucher? -Moi - Le pelage d’un chat, d’un chien, le velours, un oreiller moelleux, le tronc rugueux des arbres, un tapis d’herbe fraîche, la peau fine d’un bébé… -Toi – 21.- Qu’est-ce tu aimes goûter? -Moi -un gâteau ou une tarte à peine sortis du four, une glace, des cerises ou des pommes tout juste cueillies de l’arbre... -Toi – 22.- Quel est le dernier livre que tu as lu en français? -Moi –Nimphéas Noirs de Michel Bussi. L’histoire se situesur Giverny, le village de Monet. C’est l’histoire de trois femmes: une petite fille, onze ans, ne vit déjà que pour la peinture. Une dame d’environ
trente ans qui a les yeux couleur nymphéas, rêve d'amour et d'évasion et d’une dame âgée qui du haut de son moulin, veille, surveille le quotidien du village, les cars de touristes... des silhouettes et des vies. Ces personnages vont se trouver au coeur d'un tourbillon orageux, car dans le village de Monet, où chacun est une énigme, où chaque âme a son secret, des drames vont venir diluer les illusions et raviver les blessures du passé. -Toi – 23.-Quel est le dernier cadeau que tu as reçu? -Moi –Un message de félicitation pour mon anniversaire, dans ces jours de confinement, ça a été le plus beau cadeau du monde!! -Toi – 24.-Cite un des moments les plus émouvants de tes vacances. -Moi –Survolerla Cappadoce, en Turquie en mongolfière. On peut pas décrire cette sensation si formidable!! -Toi – 25.-Que peux-tu dire de ces jours de confinement? -Moi –Incroyable, totalement inattendu! Ce sont des moments òu nous nous rendons compte de ce qui est vraiment important dans la vie. Des mots de courage pour les personnes que nous aimons et qui sont loin, un travail qui nous dépasse, le regret du travail presentiel avec les élèves et les compagnons, le souvenir des moments heureux vécus sans nous en apercevoir, le souhait que toutes les personnes que nous connaissons puissent bien s’en sortiret les retrouver bientôt. -Toi – 26.-Un désir pour les vacances qui approchent? - Moi –Que vous tous, voussoyez heureux et en bonne santé, que vous puissiez profiter de vos vacances , de vos familles et de vos amis !! - Toi Par MGM
6
MAURO CALVO PÉREZ (2ESO)
O camiño a Santiago de Compostela como ruta de peregrinación ten a súa orixe no século IX, cando se descobren e son recoñecidos pola Igrexa os restos do apóstolo Santiago O Maior. As peregrinacións eran moi importantes na Idade Media, sendo a súa época de maior esplendor. Calixto II establece o Ano Santo cando o 25 de xullo coincida en domingo outorgando Indulxencia Plenaria aos peregrinos. Sucederanse cada 6, 5, 6 e 11 anos. 2021 será Ano Santo Compostelán. ETAPAS DO CAMIÑO DE INVERNO: ETAPA 1: Ponferrada/Puente Domingo Flórez (35 kms.). ETAPA 2: Puente Domingo Flórez /A Rúa (28,5 kms.). ETAPA 3: A Rúa/Quiroga (28 Kms.). ETAPA 4: Quiroga/Monforte de Lemos (33 kms.). ETAPA 5: Monforte /Chantada (31,6 kms.). ETAPA 6: Chantada/Rodeiro (26 kms.). ETAPA 7: Rodeiro/Lalín (26,8 kms.).
Chamamos Camiño de Inverno ao que percorrían os peregrinos para fuxir dos cumes nevados de O Cebreiro. Dende O Bierzo a Santiago hai 207 km.
En 2019 chegaron a Compostela, fin do Camiño, 347578 peregrinos a través de tódalas rutas
Algúns tramos percorren vellas calzadas romanas
Primeira etapa na Ribeira Sacra: Quiroga- Monforte de Lemos A entrada a Galicia desde O Bierzo era polo val ourensán de Valdeorras. Ao chegar á Rúa, os peregrinos tiñan dúas opcións para seguir cara a Monforte de Lemos. Unha delas era cruzar a Ponte Bibei seguindo a Vía XVIII ata a vila de Castro Caldelas. Descendían dende ela ata chegar ao río Sil que cruzaban na barca de Paradela. Entraban tras cruzar o río no Concello de Sober. Entre espectaculares viñedos chegaban a Francos por onde continuaban o camiño cara a Monforte de Lemos. A outra opción dende a Rúa era continuar a ruta polo Val de Quiroga na provincia de Lugo. En Quiroga o camiño saía en dirección a San Clodio no concello de Ribas de Sil onde os peregrinos cruzaban o río Sil pola barca de Torbeo. Subían a continuación ata A Covela e de novo baixaban cara ao río para volvelo cruzar e entrar en terras da Pobra do Brollón, dende as que chegaban a Monforte de Lemos. Este tramo na actualidade está descartado xa que non é posible cruzar o río, polo que se segue o Camiño Real que aparece documentado na Idade Media. Éntrase no Concello da Pobra do Brollón cruzando a Ponte de Barxa de Lor e desde aquí continúase cara a Monforte de Lemos.
Tódalas catedrais galegas recibían peregrinos. Tres etapas do Camiño de Inverno discorren pola Ribeira Sacra
Xoán de Requeixo é un trobador do século XIII do que se conservan cinco Cantigas. Podémolas admirar nos cinco monolitos erixidos pola Asociación Xoán de Requeixo A Far´un día irei, (eu,mía) madre,se vos prouguer, Rogar se veerei Meu amigo,que mi ben quer, E direi-lh´eu enton a coita do meu coraçon.
Segunda etapa na Ribeira Sacra: Monforte de Lemos- Chantada Nesta etapa, que se inicia en Monforte de Lemos, o camiño discorre polos concellos de Pantón e O Saviñao. Neste municipio atópase a parroquia de Diomondi na que se atopa o punto Km 100 a Santiago, punto de inicio para acadar a Compostelá. Aquí os peregrinos cruzan o río Miño e entran en Terras de Chantada. Terceira etapa: Chantada- Rodeiro A terceira etapa que transcorre pola Ribeira Sacra sae da vila de Chantada en dirección aos cumes do Monte Faro. Tras superar estes a ruta continúa polo Concello de Rodeiro xa en terras pontevedresas. É unha etapa dura debido ao ascenso ao sistema montañoso da Serra do Faro.
O pobo de Belesar viuse afectado pola construción da presa de Os Peares ao provocar o ascenso das augas e que moitas terras e vivendas quedasen asolagadas. Falan de máis de corenta aldeas asolagadas. Sen dúbida a primeira ponte en cruzar estas augas sería construída polo romanos.
Terras de O Bierzo, inicio do Camiño de Inverno O Camiño diríxese ás Médulas nun ascenso continuado pero suave. Probablemente a facilidade no seu recorrido fixo que fora elixido por enfermos, mulleres e por todos aqueles que buscaban una ruta máis doada cara a Compostela, aproveitando a doce entrada a Galicia que o Sil ofrece no seu discorrer. Primeira etapa As Terras de Valdeorras, terras de viño, son a entrada perfecta en Galicia. A Rúa, primeira localidade importante que atopan os peregrinos en Galicia. Segunda etapa Quiroga amosa en Montefurado as pegadas do Imperio Romano, aos pés das montañas de O Caurel. Os seus viños atópanse dentro da D.O. Ribeira Sacra Terceira etapa
Monforte de Lemos sorprenderanos no Camiño de Inverno A cidade de Monforte de Lemos, con case 20.000 habitantes, ofrece un pasado glorioso que se reflexa no seu Patrimonio, como no Colexio do Cardenal Rodrigo de Castro, Conxunto Monumental de San Vicenzo do Pino, Mosteiro de Santa Clara, Museo do Ferrocarril…. Cuarta etapa O Pazo que se atopa a carón da igrexa do século XII de San Paio de Diomondi foi residencia de veraneo dos bispos de Lugo... A Ribeira Sacra opta no ano 2021 á declaración de Patrimonio da Humanidade Quinta etapa En Chantada comenza a dura etapa de ascenso a Monte Faro. Cruzaremos a Dorsal Galega cara terras de Compostela Moitos e variados son os recursos que atopamos no Camiño. Pasamos dunha zona de ribeira a unha de montaña: a paisaxe é moi diversa Sexta etapa
En Lalín o Camiño de Inverno fúndese coa Vía da Prata cara a Santiago. No centro da vila de Lalín, onde probablemente en tempos pasados se ergueu a Torre dos Deza, atopamos hoxe o Parque dedicado ao Aviador Loriga. Sétima etapa Os camiños a Santiago que atopamos na península ibérica son: Camiño Portugués Camiño Inglés Camiño de Fisterra e Muxía Camiño do Norte e Primitivo Camiño Francés Vía da Prata Camiño Sanabrés O peregrino debe portar a Credencial do Peregrino para selala ao seu paso por albergues, igrexas…Debe figurar o selo de cada localidade coa data , ao menos dous selos ao día, para acreditar o paso. Para ser considerado un auténtico peregrino hoxe en día é necesario percorrer ao menos 100 km andando ou a cabalo, e 200 km se se fai en bicicleta.
Got Sanctiagu. E Ultreia¡ E suseia¡ Deus adiuva nos. Codex Calixtinus Dum pater familias (f.222(193)) De Sancto Iacobo.
Seguindo a tradición xacobea, o apóstolo Santiago O Maior e seu irmán San Xoán Evanxelista, fillos de Santiago O Zebedeo e María Salomé foron chamados por Xesús para formar parte do grupo dos doce apóstolos. Sabemos polo Libro dos Feitos dos Apóstolos que Santiago foi martirizado no ano 44 d.c. e os seus restos arroxados fóra das murallas de Xerusalén para seren pasto das alimañas e dos voitres. Porén, serán recollidos por un grupo de seguidores, entre eles, Teodoro e Atanasio, que serán os encargados de transportar os restos santos dende Jaffa en Palestina a Galicia, concretamente ao bosque de Libredón, chamado despois Arcis Marmoricis e hoxe coñecido como Santiago de Compostela.
Eloísa Cristina de la Concepción Margarita Rivadulla Álvarez naceu o 26 de xaneiro do 1911 en Sada, A Coruña, concretamente na parroquia de Osedo. Filla de Eloísa Álvarez Nieves, natural de Celanova, e de Benito Rivadulla Pascual, natural de Meirás. Seu pai foi comerciante, político e periodista, director do Banco Pastor en Chantada no 1929, director do periódico La Voz del Agro e redactor do Heraldo de Galicia na súa etapa de emigrante en Cuba. Presidente do Partido Galeguista en Chantada e militante de “Izquierda Republicana”, foi sancionado por responsabilidades políticas despois do golpe do 18 de xullo de 1936. A súa nai, profesora de música, daba clases particulares aos nenos da vila na casa familiar situada a carón da actual librería Vence. Eloísa Rivadulla comeza a estudar Medicina no 1930 e remata cun expediente moi bo. No ano 1940 cobre en Chantada unha praza vacante do Seguro Obligatorio de Enfermedad como especialista en pediatría, como conta na súa tese a investigadora Xoana Pintos Barral. Lilita faleceu en Chantada o 19 de setembro do 1987. Porque Lilita era como lle chamaban tódolos nenos de Chantada que acudían a súa consulta, situada enriba do actual Lage Electrodomésticos. Exerceu como única médica pediatra en Chantada ata a súa morte, e aquí descansa no cemiterio parroquial.
QUEN FOI ELOÍSA RIVADULLA?
Eloísa Rivadulla comeza a estudar Medicina no 1930
PARQUE ELOÍSA RIVADULLA
Moitas xeracións aínda a recordan , iso si, todas con cariño e admiración. Elixín a súa figura en primeiro lugar por exercer a medicina, unha profesión que nos últimos tempos non foi ben tratada e agora estamos a padecer as consecuencias. En segundo lugar por ser médica nunha época na que a profesión se reservaba principalmente aos homes, por crer que non era asunto de mulleres. Na foto da súa licenciatura no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela de feito é a única muller que aparece. Probablemente se nas rúas da vila comezaramos a preguntarlle á xente de certa idade sobre ela, todos falarán con agarimo, todos a recordarán, e moitos agradecerán o seu traballo. Por todos estes motivos, polo seu bo facer e profesionalidade tamén lle dá nome dende os anos noventa ao centro escolar inaugurado en 1978 na Avenida de Monforte.
Arriba podemos ver o seu título de socia de honra da Sociedade de Pediatría de Galicia e abaixo os seus certificados de nacemento e defunción
AS ALUMNAS E ALUMNOS DE 2ESO DE LINGUA GALEGA INTERPRETAN AOS GRANDES DO HUMOR GRÁFICO DO PAÍS
Na vida de todo galego, o idioma é algo fundamental. É historia, raíz, tradición... É o idioma que falamos habitualmente e que toda Galiza debería coñecer. Por desgraza, non é así. Hai menos poboación que fala galego que a que non o fala. Iso non pode ser así. A xente de Galiza deberá e poderá falar a nosa lingua. Por iso non podemos deixar que se perda unha lingua tan fermosa como o é esta. Nesta viñeta, uns extraterrestres din que un grupo de adolescentes son raros polo simple feito de falar o galego. Se o dixeran porque son doutro planeta, poderían ter razón, pero desa forma, os raros son eles, que fan uns extraterrestres falando castelán?, desde cando hai extraterrestres na Terra? Ademais, cada un poderá falar o idioma que el queira, sen ter que aguantar insultos ou desprezos por falalo. Non ten ningún senso que alguén que fale a súa lingua teña que ser desprezado por outras persoas que non a falen. Iso é unha das ideas máis importantes que hai que ter en conta á hora de falar un idioma, ademais de querer e saber falalo. Por todos estes motivos, hai que defender o galego. Porque non podemos deixar que se perda un idioma tan valioso para todos os de Galicia e todas as persoas que o falen, dende Arxentina ata Venezuela, dende Cuba ata México, que “o falamos porque nos sae, porque nos peta e porque nos dá a ghana”, tal e como se afirma na terceira viñeta, ademais de porque é un fermoso idioma.
POR XABIER PÉREZ OCHANTADEGUI (2ESO)
O galego é o noso idioma dende hai moitos anos. E, aínda que agora a xente de Galicia sabe falar tanto galego como castelán (ou iso sería o normal), hai moita xente á que lle resulta moito máis doado usar o galego, xa que é a lingua que máis lle ensinaron ou máis se fala na súa casa. E iso é unha marabilla, empregar un idioma, que aínda que sexa minoritario, pois é a forma de comunicarse de moitas persoas. Non obstante hai persoas ás que non lle gustan os idiomas minoritarios (por exemplo o galego) e tratan de facernos sentir incómodos cando o falamos. Tal como sucede nas viñetas de Luis Davila. O segundo científico ten toda a razón. Quen demostrou algunha vez que o galego non vale para explicar a ciencia?
PAULA MARTÍNEZ REGUERA (2ESO)
Por suposto que non vale para alguén que non saiba falalo. Pero, se algún científico estivera en Galicia, e quixera explicar a ciencia en galego, claro que pode e seguramente todos o entenderán. E tamén, se quere, pode escribir un libro de ciencia en galego, se é o que de verdade desexa, ninguén llo vai impedir e haberá xente dabondo que o lerá e entenderá. Dende logo a alumna contestoulle ben. Pero, en realidade non é que non se poida chegar a nada co galego. Se un quere conseguir algo, algo custa, e neste caso é o esforzo. Sempre que te esforces podes conseguir o que queiras. Porque unha persoa fale galego non quere dicir que sexa estraña. Os estraños serán os que pensen iso! E a verdade está moi ben que a xente nova fale galego, iso quere dicir que hai máis posibilidades de que nun futuro o galego se siga falando. Nunca debemos sentirnos avergoñados por algo que somos ou facemos, se falamos galego é porque queremos, senón xa falaremos castelán. Por iso, ninguén debería burlarse de nós por falalo. Ademais, saber varios idiomas é bo, fai que o cerebro funcione máis rápido e mellora a túa memoria. Así que non imos deixar de falar galego xamais.
laura rey eiriz (2eso)
Nas viñetas anteriores de Luis Davila que apareceron no xornal galego Faro de Vigo explícase, por medio do humor e a creatividade, que o galego é un idioma que pode ser falado por todo o mundo, sen ter que ser visto como “bechos raros”. Ademais, nesa ilustración represéntanse como bechos raros os que se asombran de que os rapaces falen galego, dándolle unha nota de humor a esta defensa do idioma. Considero que defender o idioma do lugar no que vives é algo tan importante como falalo correctamente xa que, se o utilizas, pero non lle dás o valor que ten cando outras persoas o infravaloran, é como se lles deses a razón. Desgraciadamente a día de hoxe hai moitas persoas que seguen a pensar que o galego é un idioma destinado a que o fale xente maior, do rural ou con poucos estudos; estes prexuízos animan a moita xente a deixar de falar o idioma no que se senten cómodos (galego) e empezar a falar en castelán. De seguro que á xente que fala o castelán non lle gustaría que a asociaran con esas características soamente polo idioma no que falan, verdade? Para que isto deixe de ocorrer moitas persoas en distintos ámbitos (ilustradores como Luis Davila, escritores e moitas máis) defenderon o uso da lingua, nesta páxina temos ilustracións con outros exemplos: por outra parte penso que é moi importante o labor que se fai nas escolas de ensinar galego como unha disciplina obrigatoria durante todos os cursos tanto de Primaria como de Secundaria e Bacharelato na mesma proporción que castelán aos rapaces dende pequenos, é dicir, ter o mesmo número de horas nas que aprendemos galego que castelán, xa que así a xente nova aprende a valorar moito máis o idioma da súa terra. Por iso creo que hai que valorar moito o idioma e, sobre todo, a xente que o falamos, porque está relacionada automaticamente con todas estas ideas negativas que o galego leva consigo e nós seguimos loitando por conservar a lingua que nos identifica.
NESTA ACTIVIDADE DE LINGUA GALEGA OS RAPACES E RAPAZAS DE PRIMEIRO DE ESO XOGAN A REESCRIBIR OS CONTOS CLÁSICOS
ALADÍN E A LÁMPADA MÁXICA, POR ANXO VARELA MÍGUEZ (1ESO)
Arabia era unha rexión con escaseza de auga e solo moi seco. Aladín e Jasmine xa non eran pobres, grazas á lámpada, pero a maioría da xente desa zona tiñan que desprazarse nos seus camelos polo deserto, buscando zonas fértiles para poder subsistir. Aladín e a princesa decidiron axudar formando unha ONG. Despois de pensar varios nomes, escolleron: “Alaja”. Repartían comida e roupa. Tamén construíron un hospital e unha escola para os nenos beduínos, cunha aula especial para os que tiveran algunha necesidade educativa especial. O xenio estaba encantado de axudar nese proxecto! Alaja protexía tamén o Medio Ambiente. A auga é vida e alí escaseaba. As mulleres tardaban tres horas en percorrer o traxecto na procura de auga para as súas familias. Entón, Alaja construíu pozos en cada poboado. Outro problema que tiñan eran as guerras, que afundían o país na miseria. Aladín falou co Presidente e fixeron un vídeo en directo para dar a coñecer o problema en todo o mundo. O último desexo que puideron pedir ó xenio da lámpada foi a paz mundial e foilles concedido. O xenio por fin quedou liberado e transformouse nunha persoa de carne e óso. Alaja conseguiu acabar cos problemas de Arabia.
CAPERUCHIÑA VERMELLA POR SARA IGLESIAS GÓMEZ (1ESO)
Carapuchiña era unha rapaza pequena, alegre e algo traste. Vivía coa súa nai nunha casiña preto do bosque. Un día, a nai de Carapuchiña díxolle que lle levara á avoa uns doces que lle fixeran. Ela colleu a cestiña e marchou, pero antes diso a súa nai advertiulle de que non falara nin se parara con ninguén que non coñecera. Mentres a rapaza camiñaba tranquilamente polo bosque, pareceulle ver algo, como non, ela acercouse. E non se equivocaba, si que había algo, concretamente un lobo; si, un lobo, este estaba aferrado cunha corda a unha árbore, estaba case morto de fame e de sede. Carapuchiña axudouno. Deulle auga e a comida que lle ía levar á avoa. Despois disto o lobo díxolle que lle estaría eternamente agradecido e que que podía facer por ela. A nena contestoulle que estaba un pouco perdida, que tiña que ir á casa da súa avoa, pero que non sabía por onde, e el acompañouna. Ao chegar á casa da avoa, ela asustouse un pouco ao ver que a súa neta se achegaba á porta cun lobo, pero despois fixéronse amigos e, como Carapuchiña non levaba a comida, fixérona alí. E foron felices e comeron perdices.
Pero o derradeiro día que chegou o lobo, todo cambiou: Era un lobo fraco, con moita fame e sucio. Tiña que levar comida, xa que aumentara a familia co nacemento de tres cachorros. Eran tempos difíciles para el porque non daba atopado comida e, vagando polos prados, divisou entre a brétema, unhas casas. Eran as casas de tres porquiños. Decidiu achegarse e pedir axuda, non tiña pensado comelos, aínda que morría coa fame! Chegou á casa do primeiro porquiño e petou á porta. O porquiño co medo non quixo abrir, pero, ao escoitar a súa historia tan triste, decidiu abrirlle e axudalo. Xuntos foron ata a casa do segundo porquiño. O segundo porquiño, confiado ao ver o seu irmán sen perigo, uniuse a eles e foron ata a casa do terceiro porquiño. Non era posible! Que situación máis estraña! O terceiro porquiño, perplexo, non podía crer o que vía. Saíu fóra da casa para rescatar aos seus irmáns, pensando que estaban en perigo, pero non fixo falta. Todos se fixeron amigos e os tres porquiños axudáronlle ao lobo a conseguir alimento. Pasada unha tempada, o lobo volveu aparecer por onda os porquiños. Desta volta viña acompañado dos seus fillos famentos e alí aconteceu o que ninguén esperaba.
BRAIS VARELA MÍGUEZ (1ESO)
OS TRES PORQUIÑOS
Horizontais 2. Primeiro … de Lingua e Literatura Galegas. 3. Cantigas de ... (ant. inimigo) e outros poemas pertence ao xénero poético. 5. Os amores … (sin. tardíos) é unha obra narrativa. 7. Naceu na cidade de… en 1910. 10. A súa obra teatral máis coñecida titúlase… das zocas. 11. En 1931 participa na creación do Partido ... 13. Empregou varios ... (nomes ficticios).
Verticais 1. Realizou o ensaio titulado Historia da Literatura Galega … (sin. actual). 4. Colaborou na revista A Nosa …. 6. Elabora a… máis completa da lingua galega. 8. Ideou o reintegracionismo galego, postura que defende que a lingua …. é unha variedade da portuguesa. 9. Faleceu en ... (capital de Galicia) en 1990. 12. Foi membro do Seminario de ... Galegos.
O día 17 de maio de celebrouse o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. É por isto que non podemos desaproveitar a oportunidade de coñecer mellor este autor e a súa traxectoria literaria. Atrevédesvos con este reto?
DESCUBRINDO A POR TANIA VÁZQUEZ GARCÍA, PROFESORA DE LINGUA GALEGA E COORDINADORA DO PLAN PROXECTA DONAS DE SI
O día 11 de novembro de 2019, un total de 36 alumnos pertencentes aos cursos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato da materia de Economía acudimos ás instalacións da empresa Jim Sports Technology, S.L. en Palas de Rei, Lugo. Escollemos esta empresa porque é un bo exemplo do espírito emprendedor. O dono empezou coa compra dun contedor de balóns de baloncesto e hoxe converteuse nun centro loxístico deportivo de referencia a nivel europeo. Demostra que a creación de empresas no entorno rural combinado co esforzo e traballo chega a ser rentable. Fixemos un completo percorrido polas instalacións e almacén da compañía.
VISITA Á EMPRESA JIM SPORTS TECHNOLOGY (PALAS DE REI), POR MARÍA ISABEL RODRÍGUEZ LAMEIRO
Imos a Italia! Neste peculiar ano 2020 unha das poucas cousas positivas que podo destacar é a viaxe que se realizou a Italia. Foi case unha semana de viaxe e, sen dúbida, os lugares que visitamos, deron o mellor de si, achegándose ás expectativas desexadas. O día en que aterramos en Roma dedicámonos a pasear tranquilamente para coñecer a cidade e o novo ambiente que nos rodeaba, ademais de ver os monumentos e lugares máis turísticos, que, aínda así, non deixaban de abraiarnos, como a Fontana di Trevi, o Coliseo ou a Praza España. As xornadas restantes na cidade foron máis intensas, tendo en conta todo o que había por ver, coma os interminables Foros Romanos, a Vila Adriana ou as catacumbas.
VISITA A ITALIA ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE LATÍN, GREGO E CULTURA CLÁSICA, POR CARMELA IGLESIAS BALBOA (2BAC)
O máis emocionante de todo, persoalmente, foi a visita ao Vaticano, pois foi sorprendente ver tanta historia e arte xuntas. Obviamente, a Capela Sixtina e os seus famosos frescos, cumpriron as súas promesas e deixáronnos sen fala. Os últimos días transcorreron en Nápoles, dende o meu parecer, máis caótica e desordenada que Roma, pero é niso onde reside o seu encanto. Aquí tivemos a oportunidade de visitar Herculano, cidade que tamén sufriu a erupción do Vesubio e se conserva mellor que Pompeia, e Paestum. En resume, a viaxe foi unha grata experiencia, tanto a nivel persoal coma didáctico. Tanto Roma coma Nápoles son fermosas, pero tanto o seu carácter coma o estilo de vida son ben distintas.
claudia salgado negral (2eso)
Dende o 13 de Marzo que se iniciou a nosa reclusión, a nosa vida deu un xiro de 180º. Pasamos a vivir confinados nos nosos fogares, e a ver pasar a vida dende a fiestra ou a través de pantallas. Pareceu coma se a vida exterior transcorrese sen a nosa participación. Pola contra, a vida nas nosas casas acadou unha nova dimensión, tantas horas compartidas coa familia agrandaron e fixeron aínda máis fortes os lazos que nos unen, pois buscamos a comunicación , o entretemento, todos xuntos. Procurando a invulnerabilidade ao virus fixémonos máis vulnerábeis ao agarimo, á solidariedade e á comprensión. Impasibles á moda e pola contra, obsesionados coa hixiene, a limpeza e a saúde. O imprescindible volveuse superfluo e o esquecido imprescindible. Vimos como tanto terreo arrebatado á natureza volveu por un intre a ela, e puido ter o respiro que levábamos negándolle tanto tempo. E así, a nosa vida foi cambiando, ata no máis cotián. Saímos do colexio sen saber cando se podería volver, e as relacións cos profesores mudaron tamén, pero eu seguín sentíndoos preto, pendentes de min e da miña aprendizaxe, e así, os saúdos, apertas , bicos… foron enviados por correo por ambas partes, con todo o respecto do mundo, pero tamén con todo o sentimento. Todos a unha puxemos o noso empeño para sacar o curso adiante.
a odisea da cOrentena
"Procurando a invulnerabilidade ao virus fixémonos máis vulnerábeis ao agarimo, á solidariedade e á comprensión"
É por isto que o Covid-19 trouxo moita desgraza, pero tamén foi un recordatorio, unha lección de vida para mostrarnos canto bo hai en nós e que ás veces esquecémonos de amosalo. Certo é que"de todo se aprende", e eu espero non esquecer o aprendido.
I.E.S. Lama das Quendas R./ Uxío Novoneyra s/n 27500 - Chantada (Lugo) Telf.:982870223– Fax:982870233 www.edu.xunta.gal/centros/ieslamaquendas ies.lama.quendas@edu.xunta.es